CRTVG

Buscar

Detido o presunto autor do crime de Navalcán

Publicado o 20/05/2020 20:09

"Asasino, criminal"

É a irmá da muller asasinada no momento en que a Garda Civil traslada o sospeitoso do crime tras asistir ao rexistro da súa casa. O cadáver da muller, de 84 anos, que vivía soa, foi localizado o pasado xoves na súa vivenda de Navalcán pouco antes das 11 da mañá. O corpo estaba dentro dun armario e con sinais de violencia. O forense determinou que morrera acoitelada. Ademais, todo estaba moi revolto. A familia declarou que faltaban algúns obxectos de valor polo que a primeira hipótese dos investigadores foi o roubo. E as primeiras sospeitas, en pleno confinamento, apuntaban a algún veciño.

Teresa Muñoz, irmá da vítima "Si había quen si sospeitaba del, eu nin acordarme de tal persoa, pero si había quen sospeitaba del, si"

O detido, de 35 anos e veciño da vítima, conta con antecedentes por violencia de xénero.

Noticias web

20/05/2020