CRTVG

Buscar

Detido o presunto autor de dous roubos con intimidación en farmacias na Coruña

Publicado o 11/04/2020 21:48

Detido o presu nto autor de dous roubos con intimidación en farmacias na Coruña

A Policía Nacional prendeu o presunto autor de dous roubos con intimidación en farmacias. Estas imaxes dunha cámara de seguridade corresponden co segundo deles. O home ameazou ao farmacéutico cun obxecto punzante, forcexeou con el e cunha das empregas e finalmente fuxiu sen consumar o roubo.

Días antes so o conseguira noutra farmacia da mes a rúa. Nesa ocasión amezou un cliente cun coitelo e esixiulle ao resposable da farmacia os cartos da caixa. O xuíz decretou o seu ingreso en prisión.




 

Noticias web

11/04/2020