CRTVG

Buscar

Detido o presunto autor da morte dun home nun parque de Ourense

Publicado o 26/06/2020 15:45
Detido o presunto autor da morte dun home nun parque de Ourense

Identificado o presunto responsable da morte dun home no céntrico parque ourensán de San Lázaro, en xullo do ano pasado.

Trátase dun veciño de Ourense de 45 anos. A Policía Nacional detívoo por homicidio imprudente.

Sospeitan que lle deu unha malleira á vítima, un home portugués de 59 anos, que á vista dos resultados da autopsia foi a que lle causou a morte. Ambos os dous tiñan antecedentes policiais.

O detido negou os feitos perante o xuíz de garda. Quedou en liberdade tras prestar declaración.

 

Noticias web

26/06/2020