CRTVG

Buscar

Detido o marido da muller atopada morta en Tenerife

Publicado o 22/06/2019 20:15

 A Garda Civil detivo por presuntos malos tratos habituais un suízo de 64 anos casado coa muller atopada morta nunha vivenda de Icod de los Vinos, en Tenerife. O aviso da morte deuno o propio home durante esta noite e a investigación está pendente do resultado da autopsia, que probablemente non se realizará ata o luns. Porén, o cadáver presentaba marcas de moitos golpes anteriores ao falecemento, atribuídos polos investigadores a un maltrato continuado, motivo polo que o seu home foi detido durante a mesma noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019