CRTVG

Buscar

Detido o capo da droga máis importante do Campo de Xibraltar

Publicado o 24/06/2020 22:48


A Policía Nacional detivo este mércores a Jesús Heredia, alias Pantoja, considerado na actualidade o capo da droga máis importante do Campo de Xibraltar, xa que, presuntamente, controlaba a case totalidade do transporte de haxix desde Marrocos a Cádiz, segundo informan fontes policiais.

A Brigada Central de Estupefacientes da UDYCO encargouse da operación, que culminou co arresto de Heredia, xefe do clan dos Pantojas, nun restaurante dunha zona de luxo da costa de Chiclana de la Frontera (Cádiz), fóra da súa zona de influencia. O Pantoja foi man dereita do marroquí Abdellah El Haj, alias o Messi do haxix pola súa afección ao fútbol e pola súa habilidade para xestionar a introdución de alixos desde Marrocos ao Campo de Xibraltar.

O Messi, un dos grandes narcos do Campo de Xibraltar, está fuxido da Xustiza desde marzo do 2019, cando se foi de España e puxo fin ao pacto ao que chegara coa fiscalía en novembro do 2017 para entregarse e ser xulgado. Jesús Heredia, líder do clan dos Pantoja e vinculado ao narcotráfico na zona do Campo de Xibraltar desde a súa mocidade, facía labores de vixilancia e loxística para O Messi ata converterse agora no seu home de confianza. 

Noticias web

24/06/2020