CRTVG

Buscar

Detido na Coruña por abusar sexualmente de dúas mulleres discapacitadas

Publicado o 02/11/2020 16:53
Detido na Coruña por abusar sexualmente de dúas mulleres discapacitadas

Detido un veciño da Coruña por dúas presuntas agresións sexuais. As dúas tiveron lugar, supostamente, nun rocho dun edificio do barrio dos Mallos. Alí, o arrestado, de máis de 60 anos de idade, forzou dúas mulleres de 54 e 36 anos, que ademais padecen senllas discapacidades psíquicas. O caso está en mans da Policía Nacional.

Noticias web

02/11/2020