CRTVG

Buscar

Detido Juan Paulo, irmán de Sinaí Giménez, en busca e captura desde maio de 2019

Publicado o 08/10/2020 21:38

Prisión provisional, comunicada e sen fianza. É o que decretou a xuíza do Porriño para Juan Paulo Giménez, irmán de Sinaí.

Está investigado por dous delitos de asasinato en grao de tentativa, así como por un delito de tenza ilícita de armas.

Juan Paulo foi detido nun control preventivo e estaba en busca e captura desde maio do ano pasado como o autor dun tiroteo no Porriño.

Daquela, irrompera nunha celebración do clan rival, os coñecidos como xitanos zamoranos, e comezara a disparar ao aire.

O rebote causoulle feridas a unha moza de quince anos e a un rapaz.

Noticias web

08/10/2020