CRTVG

Buscar

Detido en Viveiro por levar cinco nenos con medio corpo fóra do coche

Publicado o 29/10/2020 11:02

Un xulgado de Viveiro investiga xa este madrileño de 41 anos por un posible delito de condución temeraria cando circulaba por unha estrada local deste concello mariñán.

A Garda Civil comezou a investigación despois de ter coñecemento duns vídeos en que se ve como tres cativos asoman polo teito do turismo e outros dous van sentados nos laterais coas ventás abertas e cun evidente perigo para a súa integridade física, xa que non facían uso de ningún sistema de retención que puidese impedir unha caída. Trátase de cativos con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, tres deles, ao parecer, fillos do suposto infractor.

O home podería enfrontarse a unha pena de entre seis meses e dous anos de prisión e tamén á suspensión do carné de conducir por un prazo de 1 a 6 anos.

Noticias web

29/10/2020

Máis sobre Viveiro