CRTVG

Buscar

Detido en Vilanova de Arousa un narcotraficante fuxido desde 2015

Publicado o 10/06/2020 18:43

A policía localizou en Vilanova de Arousa un dos narcotraficantes máis buscados desde hai cinco anos O detido conseguira fuxir en 2015 cando o Tribunal Supremo ratificou unha condena de seis anos de prisión por tráfico de cocaína e heroína. O detido viviu todo este tempo grazas á axuda de amigos e familiares. Finalmente puideron dar con el grazas a varias citas médicas que tivo no centro de saúde de Vilanova.

Noticias web

10/06/2020