CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por, supostamente, agredir a súa parella despois de que ela finalizara a relación

Publicado o 17/06/2019 21:18
Detido en Vigo por, supostamente, agredir a súa parella despois de que ela finalizara a relación

A Policía Local de Vigo arrestou un home por agredir a súa parella tras anunciarlle ela que rompía a relación e que marchaba da casa. A vítima contoulles aos axentes que non era a primeira vez que lle pegaba, pero que non o denunciou porque teñen dous fillos. Os policías ofrecéronse a levala o hospital porque tiña diversos golpes, pero a muller non quixo ir.

No hospital de Povisa está ingresada outra vítima da violencia machista. O seu mozo pegoulle na cabeza cunha táboa de cortar. O agresor está detido.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019