Detido en Vigo por recluír mulleres para exerceren a prostitución
Publicado o 14/07/2020 20:06
A investigación iniciouse no confinamento cando a Policía tivo coñecemento de que unha vivenda de Valadares, en Vigo, podería usarse como local de alterne. Tras localizaren o inmoble, descubriron que varias mulleres estarían exercendo a prostitución. Dúas das vítimas conseguiron escapar.
Grazas á declaración desas dúas mulleres, os axentes descubriron a existencia dunha terceira vítima que foi auxiliada polos investigadores. Os axentes realizaron un control e localizaron o responsable dos feitos.
O home foi detido pola Policía Nacional e impútanselle delitos relativos á prostitución.
Máis sobre Vigo
21/01/2021 15:18