Detido en Málaga un agresor sexual que levaba fuxido tres anos
Publicado o 04/01/2021 09:39

A policía prendeu un cantante de reguetón que levaba tres anos fuxindo da xustiza. Fora condenado a prisión por agredir sexualmente unha muller coa que contactara a través dunha rede social.
Os feitos aconteceron en Madrid. O cantante, coñecido como Jay Santos, fuxiu da capital española e trasladouse a Málaga, onde a súa familia o axudou para non ser localizado pola policía.