CRTVG

Buscar

Detido en Madrid por gravar baixo as saias de centos de mulleres en lugares públicos e publicalo en webs pornográficas

Publicado o 21/08/2019 13:00

A Policía Nacional detivo en Madrid un home por gravar baixo as saias de centos de mulleres en lugares públicos e logo publicalo en páxinas web de contido pornográfico.
Segundo os investigadores, trátase dun dos maiores depredadores da intimidade sexual en España xa que puideron identificar máis de 500 vítimas.

Este home de 53 anos foi detido en flagrante cando gravaba as súas imaxes sen consentimento no metro baixo o vestido dunha das súas vítimas.

Tras ser posto a disposición xudicial ingresou en prisión de xeito provisional.
A Policía comezou a investigalo cando detectou un portal de Internet dedicado á publicación de vídeos de contido sexual explícito e pornografía.
Os investigadores observaron que un perfil publicaba multitude de vídeos en Madrid en que se podían ver as partes íntimas de centos de mulleres, un modus operandi que se coñece nese tipo de portais como Up Skirting.
O acosador utilizaba unha mochila cun telefono móbil acoplado a ela para as gravacións.
No rexistro do seu domicilio os axentes atoparon numeroso material audiovisual en varios discos duros.
O home gravaba tamén as facianas das mulleres co conseguinte prexuízo para a súa intimidade.
Ata 555 delas xa foron identificadas tras a detención do acusado que os investigadores aseguran actuaba de xeito compulsivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019