CRTVG

Buscar

Detido en Baiona un mallorquino que incumpriu o estado de alarma e que conducía ebrio

Publicado o 22/06/2020 13:06
Detido en Baiona un mallorquino que incumpriu o estado de alarma e que conducía ebrio

Un home de Mallorca de 68 anos foi detido en Baiona por intentar agredir dous axentes, por conducir ebrio e por incumprir o estado de alarma. Foi interceptado dúas horas antes de que entrase en vigor a autorización de mobilidade entre comunidades autónomas. A Policía Local deulle o alto ao ver que realizaba manobras anómalas. Cando lle pediron que fixese a proba de alcolemia, o home negouse e púxose agresivo. Os axentes identificárono e comprobaron que era de Palma de Mallorca, sen domicilio en Pontevedra e que acudira a Baiona saltando o estado de alarma.

Noticias web

22/06/2020