Detido e encarcerado un home por secuestrar e violar a súa irmá en Sevilla
Publicado o 14/01/2021 20:57
Detido e encarcerado un home na localidade sevillana de Dos Hermanas acusado de secuestrar e violar a súa irmá durante varios meses.
A vítima vivía en Francia e levaba 20 anos sen ver o seu suposto agresor. A muller viaxara a Sevilla para arranxar unha documentación, o que aproveitou o seu irmán para retela e sometela a todo tipo de agresións sexuais.
Segundo a policía, o home ten un amplo historial delituoso. Foi outra irmá a que axudou a vítima a fuxir do seu cativerio.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 20:55
04/03/2021 20:43