CRTVG

Buscar

Detidas en Tui seis persoas con 7.000 paquetes de tabaco de contrabando

Publicado o 30/04/2019 14:35

Detidas en Tui seis persoas con 7.000 paquetes de tabaco de contrabando.

A Garda Civil incautouse de 7.000 paquetes de tabaco de contabando en dous vehículos estacionados na autovía A-55 á altura de Tui.

Os feitos ocorreron ás 6 da madrugada. O tabaco foi localizado a raíz dun auxilio prestado a un coche que precisaba cambiar unha roda picada.

Os axentes que se dirixían a montar un dispositivo de seguridade pararon, e ante o nerviosismo do condutor, decidiron inspeccionar os dous turismos, que tiñan placas de matrícula portuguesas.

Foi entón cando atoparon 17 caixas, cos 7.000 paquetes de tabaco, cun valor no mercado que ascende a 30.000 euros.

Na operación foron detidas 6 persoas, que está previsto que pasen a disposición xudicial este martes.

Noticias web

30/04/2019