CRTVG

Buscar

Detida por acoitelar un compañeiro de piso cunhas tesoiras

Publicado o 22/10/2020 14:38

A Policía Nacional de Vigo detivo unha moza de 30 anos por acoitelar un compañeiro de piso cunhas tesoiras.

Ocorreu sobre a unha da mañá nun inmoble da avenida de Castrelos. Supostamente o agredido estaba a mediar nunha pelexa entre a detida e a súa moza. Foi un veciño o que alertou a policía. Cando os axentes chegaron ao lugar atoparon o home sangrando abundantemente polo pescozo. O ferido tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.

A agresora, que suma 9 arrestos previos, foi detida por un delito de lesións.

Noticias web

22/10/2020