CRTVG

Buscar

Deteñen unha limpadora dun hospital por roubar equipos de protección para vendelos

Publicado o 01/04/2020 14:50

A policía detivo en Santa Cruz de Tenerife unha limpadora dun hospital que roubaba equipos de protección para vendelos. No momento do arresto levaba varias máscaras.

O comisario principal da Policía Nacional, José García Molina explicou que "detraía equipos de protección individual, máscaras, luvas de vinilo e xel hidroalcólico para logo vendelos por lotes por diferentes barrios da localidade tinerfeña".

Noticias web

01/04/2020