CRTVG

Buscar

Deteñen un veciño de Ames que conducía un taxi e levaba cocaína nun calcetín

Publicado o 18/06/2019 17:55
Deteñen un veciño de Ames que conducía un taxi e levaba cocaína nun calcetín

A Garda Civil do Posto Principal do Milladoiro detivo un individuo veciño do municipio de Ames que conducía un taxi como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao serlle intervida cocaína oculta nun calcetín.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron durante un dispositivo preventivo de seguridade cidadá. Axentes identificaron o chofer dun taxi que accedía ao momento e, ante a "reacción e o nerviosismo do condutor", explicaron as mesmas fontes, procederon a "un palpado superficial". Durante o rexistro, os axentes localizaron nun dos calcetíns "25 bolsiñas dun po branco, supostamente cocaína", concretou a Benemérita, que unha vez pesadas obtiveron un peso de 12,7 gramos.

Por iso, procedeuse á detención do individuo e á incautación da mercadoría. O detido, os efectos intervidos e as dilixencias realizadas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019