Deteñen un peiteador de Vigo acusado de abusos a un menor
Publicado o 01/12/2020 14:53

A Policía Local detivo en Vigo un peiteador por abusar dun cliente de 13 anos. Supostamente, este home pediulle ao menor que acudira á súa vivenda para facerlle un tratamento capilar. Segundo o rapaz, unha vez alí, aplicoulle un ungüento na cabeza, tapoulle os ollos cunha toalla e realizoulle tocamentos. Ante esta situación, o neno fuxiu da vivenda. Foi o pai do menor quen alertou a policía, que detivo o home na súa casa.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18
04/03/2021 16:59