CRTVG

Buscar

Deteñen un menor en Burela por ameazar a nai cun coitelo

Publicado o 10/12/2019 13:57

Un mozo de 15 anos foi detido en Burela por, presuntamente, ameazar cun coitelo a súa nai. A muller saíu á rúa nerviosa ante o comportamento violento do menor. Ao parecer, perseguiuno cun coitelo logo de romper varios útiles domesticos e golpear os mobles da vivenda.

A muller contoulles aos axentes que este comportamento violento do seu fillo era habitual e que, sao parecer, se debe ao consumo de substancias estupefacientes.

A Fiscalía de menores xa investiga o caso por un presunto delitos de malos tratos no ámbito familiar e ameazas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019