CRTVG

Buscar

Deteñen un home por un delito de lesións graves en Lugo

Publicado o 07/09/2020 14:14

En Lugo a Policía Nacional detivo un veciño da cidade de 30 anos por un delito de lesións graves. Os axentes recibiron unha chamada dos servizos médicos do hospital de Lugo onde lles relataban que atenderan dous varóns por lesións, un deles fora dado de alta pero permanecía ás portas do centro esperando o outro para continuar unha pelexa.

A outra persoa implicada sufría lesións graves, traumatismo cranioencefálico e tivo que ser intervido de urxencia.
Os axentes verificaron os feitos, relacionaron a chamada do hospital con outra anterior dunha liorta e procederon á detención do home que xa contaba con antecedentes policiais.
 

Noticias web

07/09/2020