CRTVG

Buscar

Deteñen un home no aeroporto de Santiago por agredir a muller

Publicado o 30/12/2019 18:29
Deteñen un home no aeroporto de Santiago por agredir a muller

Gardas civís do aeroporto da Lavacolla prenderon un home sospeitoso de violencia machista. Foi a muller a que se dirixiu aos axentes para solicitarlles axuda tras desembarcar en Santiago dun voo procedente de Fuerteventura. Tiña un hematoma grande na frente, segundo dixo, consecuencia dun botellazo que lle deu o marido.

Os gardas detiveron o home, que, tras declarar no xulgado de garda, ingresou en prisión provisional sen fianza.

Noticias web

30/12/2019