CRTVG

Buscar

Deteñen un home na AP-9 con 2.000 doses de cocaína

Publicado o 23/01/2020 12:06

A Garda Civil detivo na autoestrada AP-9 un cidadán de nacionalidade portuguesa por tráfico de drogas. O vehículo, que circulaba en sentido Vigo, foi interceptado na peaxe de Vilaboa durante un control rutinario.

A actitude sospeitosa do condutor chamou a atención dos axentes, polo que rexistraron o turismo. Atoparon ata 2.000 doses de cocaína, polo que detiveron o piloto, que resultou ser un veciño da localidade lusa de Braga de 32 anos.

O xulgado de instrución de garda de Cangas é o encargado do caso.

Noticias web

23/01/2020