CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Poio cando tentaba dirixir o tráfico baixo os efectos do alcol

Publicado o 12/02/2020 13:16

Eran as dez da noite do luns cando a Garda Civil foi alertada por veciños de Samieira, en Poio. Aparentemente bébedo, un home estaba no medio da calzada, na estrada PO-308, atribuíndose, precisamente, o papel dos axentes de Tráfico. Tentaba a duras penas dirixir o tránsito dos vehículos que circulaban pola zona, e poñía, deste xeito, en risco non só a súa propia integridade, senón tamén a seguridade do tráfico de vehículos e peóns.

Cando foi requirido polos axentes, este home, un veciño da zona, respondeu resistíndose de forma violenta, segundo fontes da Garda Civil. Os axentes acabaron levándoo detido por resistencia á autoridade e polo perigo que estaba a supor a súa presenza na estrada. Tal e como era previsible, a proba de alcolemia que lle practicaron deu positivo.

Tras pasar a noite nos calabozos da comandancia de Pontevedra, o individuo foi posto á disposición do xulgado de garda da cidade.

Noticias web

12/02/2020