Deteñen un home en Madrid acusado de agredir sexualmente durante anos a súa filla menor de idade
Publicado o 25/11/2020 13:39

A Policía Nacional detivo en Madrid un home acusado de agredir sexualmente durante anos a súa filla menor de idade e simular o seu secuestro para cobrar o rescate.
O detido agrediu, narcotizou e amordazou a rapaza para gravala espida e despois enviarse a si mesmo as imaxes para facer crer que fora raptada.
Despois de pasar a disposición xudicial, o home ingresou en prisión provisoria e comunicada. A nai da vítima, que coñecía as agresións sexuais que sufría a rapaza, quedou en liberdade con cargos.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 16:56
28/01/2021 15:45
28/01/2021 15:20
28/01/2021 15:17