CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Baiona acusado de agredir sexualmene a filla da súa parella

Publicado o 09/09/2020 15:24

A Garda Civil detivo un veciño de Baiona acusado dunha suposta agresión sexual á filla da súa parella, de só 14 anos. O arrestado xa prestou declaración nos xulgados de Vigo, onde chegou esposado e escoltado pola Garda Civil.

Os feitos comezaron presuntamente hai dous anos e producíronse nunha casa familiar desa vila pontevedresa. Segundo o testemuño da menor, o home aproveitaba as ausencias da nai para obrigala a realizar actos de tipo sexual. A nena gardou silencio durante dous anos, ata que decidiu revelarllo á súa proxenitora, e ambas as dúas interpuxeron a denuncia.

Noticias web

09/09/2020