CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Alcalá de Henares por asasinar a súa moza e despezar o seu corpo

Publicado o 08/02/2019 20:35

Este é o presunto asasino, un home de 42 anos, natural de Xaén, que levaba tempo traballando como camareiro en Alcalá de Henares. E aquí, no bar onde traballaba, o detivo a policía ás catro e media da madrugada deste venres. Na véspera, os axentes atoparon na súa vivenda, nun conxelador o corpo despezado dunha moza de 22 anos. Á falta da autopsia, a vítima podería levar morta desde outubro de 2017, que foi cando a familia deixou de ter contacto con ela. Segundo parece, as relacións non eran boas pero a nai intentou sen éxito poñerse en contacto con ela en varias ocasións antes de Nadal.

 "O 30 de decembro formúlase unha denuncia en Alcalá de Henares por parte da nai dunha muller denunciando a súa desaparición, rapidamente os axentes de Acalá de Henares poñénse en marcha e comezan a investigación para dar co seu paradoiro e no día de onte accederon a un domicilio onde se atopou un cadáver dentro conxelador". O conxelador estaba nun cuarto pechado con chave alugado polo detido.  "Aquí veu a policía onte, pediume as chaves para poder entrar, que lles abrira a porta e eu abrínlles a porta, colaborei con eles en todo o que me pediron"

Os veciños non se estrañaron pola ausencia da moza xa que o detido lles contou que romperan a relación. "Nada, pois iso, que romperan e que a moza marchara a Madrid creo que dixo"
Oito mulleres morreron asasinadas polas súa parellas ou ex-parellas no que vai deste 2019.

 

Noticias web

08/02/2019