CRTVG

Buscar

Deteñen tres persoas en Ourense por facer circular billetes falsos

Publicado o 09/12/2019 14:48

Pagaban en diferentes establecementos da cidade de Ourense con billetes falsos e a policía localizounos. Trátase de dúas mulleres e un home de nacionaldiade suramericana aos que lles constan varios antecedentes penais. Unha investigación de meses en que os axentes, ademais de billetes falsos de 20 e de 50 euros, se incautaron de pequenas cantidades de droga.

A policía investiga de onde puideron sacar eses billetes falsos. Informan que nos últimos tempos atoparon varios billetes falsos en distintos lugares de Galicia, coma estes que vemos en Pontevedra.

 

Noticias web

09/12/2019