CRTVG

Buscar

Deteñen tres persoas en Huesca e A Rioxa por explotación de traballadores agrícolas

Publicado o 13/06/2020 12:20


Axentes da Garda Civíl na súa campaña de inspección sobre as explotacións agrícolas detiveron tres persoas, dúas na localidade de Hormilleja na Rioxa e unha na oscense de Fraga por delitos contra os dereitos dos traballadores.

Os dous detidos na Rioxa son un home e unha muller portugueses como supostos autores dun delito contra o dereito dos traballadores e outro de lesións. Están acusados de captar e trasladar mediante o engano e o abuso de situación de precariedade cidadáns de diferentes nacionalidades e en risco de exclusión social co único fin de explotalos laboralmente como empregados temporais nas diferentes campañas agrícolas. Os traballadores romaneses e brasileiros residían nun soto da vivenda dos patróns en condicións insalubres baixo ameazas e mesmo agresións físicas. Desde o comezo do estado de alarma agravouse a situación xa que ao non poderen traballar non cobraban salario, polo que se alimentaban das sobras dos propietarios, da axuda veciñal ou de servizos sociais.

En Fraga nos controis realizados detectáronse irregularidades na contratación de traballadores temporais para as campañas da froita, para aproveitarse o detido da situación irregular destes e da súa necesidade económica. Neste caso detectáronse dez vítimas do empresario que abusaba da vulnerabilidade dos que contrataba.

Noticias web

13/06/2020