A Policía Nacional detén sete membros dun clan familar por varios tiroteos en Sevilla
Publicado o 06/06/2020 11:57
Axentes da Policía Nacional detiveron en Sevilla sete persoas, de entre 18 e 48 anos de idade, integrantes dun clan familiar, como presuntos autores de delitos de tentativa de asasinato, tenza ilícita de armas, ameazas graves por arma de fogo, delito contra a saúde pública e defraudación do fluído eléctrico.
O clan intentaba controlar a venda de estupefacientes e apoderarse do maior número de inmobles e estaban enfrontados a outro clan para conseguir o control do barrio.
No operativo policial participaron 70 axentes de diversas especialidades e culminou o xoves pasado con seis rexistros simultáneos nos que tamén se localizou unha plantación de marihuana no interior dunha das vivendas en Torreblanca.