CRTVG

Buscar

Deteñen por segunda vez o expresidente do Ecuador Abdalá Bucaram

Publicado o 13/08/2020 09:11

A policía detivo na súa casa o expresidente do Ecuador Abdalá Bucaram. É a segunda vez que o arrestan nos dous últimos meses. A primeira foi por tráfico de influencias na compra de material médico; agora, por un caso de suposta delicuencia organizada.

Bucaram, que gobernou O Ecuador en 1996, tivo que ser hospitalizado en Guayaquil porque padece afeccións cardíacas.

Noticias web

13/08/2020