CRTVG

Buscar

Deteñen o sospeitoso de varios roubos de coches en Sada

Publicado o 05/01/2021 14:01

Un home duns 30 anos de idade, veciño de Sada e sen antecedentes policiais. Son as referencias do detido como presunto autor da subtracción en varios garaxes e en coches naesta vila coruñesa desde o mes de setembro pasado. Detivérono efectivos da Garda Civil de Sada días atrás.

Rubén Casas, segundo xefe do posto da Garda Civil de Sada di que "o modus operandi do autor do feito e o xeito en que se ocultaba dificultou o traballo e pescudas para detelo dun xeito inmediato".

Unha das rúas en que actuou o mozo detido é esta situada no centro da vida. Roubaba en coches que estaban sen pechar ou aproveitando o despiste dos propietarios.

O voceiro da Garda Civil en Sada explica que  "nunha desas primeiras subtraccións en vehículos foi facerse cun mando de apertura. Iso fixo que a tipificación penal cambiase de furto a roubo con forza con chave falsa".

"Subtraía principalmente material informático, material de bicicletas que estiveran nos garaxes, maletíns, mochilas. Non tiña un obxectivo determinado de botín. Ía ao que podía levar. O que si descubrimos é que vendeu obxectos roubados a establecementos de segunda man, material informático sobre todo. Temos pendente de localización de pezas ou elementos de bicicletas e partes de bicis que puideran estar nos garaxes".

A Garda Civil do posto de Sada prosegue as pescudas na procura de obxectos que levou o detido e que aínda non foron localizados. Tras comparecer no xulgado de Betanzos como presunto autor de catro delitos de roubo e cinco de furto, o xuíz decidiu deixalo en liberdade.

Noticias web

05/01/2021