CRTVG

Buscar

Deteñen nove persoas en Toledo e demantelan un laboratorio nunha redada antidroga

Publicado o 03/12/2019 14:00

A Policía Nacional desmatelou unha banda internacional de narcotraficantes que introducía cocaína en España e, despois de procesala nun laboratorio clandestino de Toledo, pretendía distribuíla ao resto de Europa.

Hai nove detidos e durante a redada incautáronse de 150 quilos de pasta de coca e 12 quilos de cocaína.Seis meses de intensa investigación e seguimento permitiu á Policía Nacional localizar e desmantelar en Toledo un laboratorio clandestino para o procesamento de cocaína.

Era utilizado por unha banda que transportaba a droga desde Colombia a España disolta en cargamentos de carbón de hulla.

Durante a redada, os axentes detiveron nove persoas, entre eles o responsable da banda a este lado do Atlántico, e interviron 120 quilos de pasta base de coca e case 12 quilos de cocaína lista para a venda.A droga non viña só a España, detectamos contactos con distintos grupos criminais, tanto de España, organizacións galegas ou valencianas, e con organizacións doutros lugares de Europa, como Italia e Francia."Ao mesmo tempo, en Colombia, a policía e o exército destruíron outro laboratorio da mesma organización que tiñan capacidade para procesar conxuntamente dúas toneladas de cocaína mensuais.

Noticias web

03/12/2019