Deteñen un ladrón ao caer do falso teito do local en que roubaba
Publicado o 26/01/2021 12:18
Un ladrón reincidente foi detido tras caer do falso teito do establecemento en que roubaba, en Barcelona. Os propietarios chamaron a policía cando viron nas cámaras de seguridade que había alguén dentro do local, pero cando chegaron os axentes non o atopaban. Comprobaron que a caixa rexistradora estaba aberta e que había danos no comercio, pero o home non aparecía. Ao final, caeu do falso teito, onde estaba agochado.
Segundo os Mossos d'Esquadra, o ladrón, de 49 anos, está acusado doutros dez roubos con forza en tendas e nun domicilio.