CRTVG

Buscar

Deteñen en Trives un home condenado por abusar sexualmente da súa neta

Publicado o 09/10/2020 20:23

A Policía Nacional de Ourense detivo a un home condenado por abusar sexualmente da súa neta. O home estaba fuxido tras ser sentenciado a ingresar no cárcere por este delito. Os axentes deron con el na comarca de Trives

A policía buscábano por abusar sexualmente da súa neta menor en varias ocasións. Os axentes lograron detelo en Ourense. O home estaba agochado nunha casa da súa propiedade nunha aldea da comarca de Trives. A policía descubriu que se estaba retirando diñeiro da súa conta desde unha sucursal bancaria de Trives. Recibía axuda e apoio loxístico dun amigo e da filla deste último, xa que o arrestado apenas saía da casa por medo.

"Pero os movementos debido ao medo que se supón que presuntamente ten, non fai moitas escapadas da casa. En camto ao tema do diñeiro e do tema dos médicos, algunha receita...son o su amigo e a filla do seu amigo pois ofrñecenlle esta cobertura para o tema dos medicamentos e do diñeiro", di a voceira da Policía Nacional de Ourense.

Contra este home había unha orde de detención. Fuxira de Pontevedra cando tiña que ingresar na prisión da Lama tras ser condenado por abusos sexuais.

Noticias web

09/10/2020