CRTVG

Buscar

Deteñen en Málaga o ex-director de Pemex Emilio Lozoya acusado de corrupción

Publicado o 12/02/2020 17:10

Emilio Lozoya, ex-director de Pemex, foi detido en Málaga tras levar meses prófugo da xustiza e contar cunha orde de captura internacional na súa contra, informou este mércores a Fiscalía Xeral da República (FGR).

"Confirma detención por parte de autoridades españolas de Emilio L. naquel país", informou a FGR nun boletín sobre este alto funcionario implicado no caso Odebrecht.

Lozoya estaba prófugo e en paradoiro descoñecido despois de que a Fiscalía Xeral da República (FGR) de México o acusara de recibir subornos da firma brasileira Odebrecht e de participar na compravenda irregular dunha planta de fertilizantes. Ocupou o cargo de director xeral de Pemex cando a petroleira adquiriu o 51% das accións do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras e encargou ao mesmo a construción dun buque hotel, xemelgo ao que se fixo en Navantia Ferrol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí