CRTVG

Buscar

Deteñen en Lalín o líder da organización que roubaba en vivendas

Publicado o 02/07/2020 15:01

A Garda Civil detivo nas últimas horas en Lalín o presunto líder da organización á que se lle atribúen varios roubos en vivendas dese municipio.

Trátase dun varón de 36 anos e nacionalidade colombiana, con domicilio en Lalín, que está previsto pase ao longo da xornada a disposición xudicial do xulgado número 1 da capital do Deza.

Tamén este mércores foi detido outro home de 26 anos con domicilio en Vigo. Tras prestar declaración, quedou en liberdade con cargos.

Con estas dúas detencións, as forzas de seguridade dan por pechada unha operación iniciada o 26 de xuño e que foi desenvolvida de forma conxunta pola Garda Civil e a Policía Nacional, en varias localidades galegas.

Ademais de vivendas, tamén se investigaron roubos en naves e establecementos comerciais de diversos municipios.

En total foron detidas 14 persoas. Dúas delas ingresaron xa na prisión pontevedresa da Lama.

 

Noticias web

02/07/2020