CRTVG

Buscar

Deteñen en Boqueixón un home por tráfico de drogas

Publicado o 22/01/2020 14:32

A Policía Nacional detivo en Boqueixón un home de 36 anos, de nacionalidade española, pola súa relación co tráfico de drogas.

Esta actuación culmina a operación antidroga que se desenvolvera en Santiago e outras localidades galegas a finais de 2018 coa detención de 13 persoas e a incautación de case 9.000 doses de distintas substancias ilegais.

De feito, fora a maior incautación de éxtase realizada na capital galega. Nesta ocasión, durante o rexistro do domicilio do detido intervíronlle unha arma de fogo e o material necesario para montar un cultivo de marihuana. Tras pasar a disposición do xulgado número 3 de Santiago, o home foi posto en liberade con cargos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020