CRTVG

Buscar

Deteñen dúas persoas en Ourense con droga oculta entre o tapizado e a chapa do coche

Publicado o 13/07/2020 19:20

A Policía Nacional de Ourense detivo dúas persoas nunha operación contra o tráfico de drogas. Os axentes incautáronse de 100 gramos de cocaína en roca, 200 gramos de metanfetamina ocultos no maleteiro dun coche, entre o tapizado e a chapa, e máis de 2.000 euros en efectivo. Realizaron en total catro rexistros na cidade de Ourense e atoparon ademais varios útiles para preparar a droga, unha arma detonadora e unha pistola eléctrica. Os arrestados teñen 34 e 24 anos, son naturais de Ourense e xa lle constan detencións anteriores.

Noticias web

13/07/2020