CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes en Manresa por violar dúas mozas, unha delas menor

Publicado o 11/12/2019 14:20

Novo caso de agresión sexual en Manresa. Os Mossos d'Esquadra detiveron dous homes acusados de agredir sexualmente dúas mozas, unha delas menor de idade. Foi unha das vítimas a que alertou a Policía local, despois de conseguir fuxir por unha ventá do piso en que supostamente se cometeron as agresións.

Segundo fontes policiais, a primeira detención tivo lugar nesa mesma vivenda, tras a denuncia. O outro sospeitoso, que fuxira, foi identificado e detido polos Mossos un día despois. A vítima que deu a alerta tivo que ser atendida no hospital das feridas que se fixo nos pulsos, debido ao salto desde un primeiro piso.

Aínda que a investigación acaba de iniciarse, a policía descarta de entrada que se trate dunha violación en grupo, considera que foron dúas agresións cometidas contra dúas mozas por separado.

Noticias web

11/12/2019