CRTVG

Buscar

Deteñen cinco persoas que tentaban roubar nunha vivenda habitada en Vilamartín de Valdeorras

Publicado o 26/02/2020 14:26

A Policía Nacional de Ourense detivo cinco persoas cando intentaban roubar a caixa forte dunha vivenda habitada en Vilamartín de Valdeorras. Os axentes levaban tempo investigándoos por tráfico de estupefacientes. Sospeitan que se trata dun grupo criminal organizado que se dedica a traficar con drogas e aos roubos con forza. O principal inculpado sería un veciño da cidade. Entre os detidos tamén está a filla dos donos da casa, que os informou de cando podían actuar e mesmo lles facilitou as chaves. Intentaron abrir a caixa cunha radial, pero non foron capaces. A policía detívoos cando saían da vivenda.


 

Noticias web

26/02/2020