CRTVG

Buscar

Deteñen a un mozo de Nocedo de Ribeira cando prendía lume e impútanlle 16 incendios na Limia

Publicado o 17/06/2019 14:34

A Garda Civil pillou na allada un home prendendo lume no monte. Aconteceu onte en Nocedo da Ribeira, na comarca da Limia. O home, cando foi interceptado polos axentes do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, intentounos agredir.

Ao detido impútaselle un delito de atentado a axentes da autoridade e 16 delitos de incendios forestal acontecidos nos concellos dos Blancos, Baltar e Xinzo de Limia dende xaneiro deste ano. Incendios en que quedaron afectadas case 4 hectáreas de monte arborizados.

Está previsto que o home, de 23 anos e veciño dos Blancos, pase a disposición xudicial nas vindeiras horas no xulgado de Xinzo de Limia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019