CRTVG

Buscar

Deteñen a directora dunha gardería en Tenerife por malos tratos a menores

Publicado o 24/06/2019 11:02
Deteñen a directora dunha gardería en Tenerife por malos tratos a menores

A directora dunha gardería do municipio tinerfeño de La Laguna foi detida despois de que nove proxenitores denunciasen que os seus fillos sufrían malos tratos no centro, segundo informou a Policía Nacional nun comunicado.

Ao parecer, a agora detida castigaba os nenos encerrándoos nun cuarto se se portaban mal, así como tapándolles o nariz para que abrisen a boca introducíndolles a comida, deixándoos sen almorzar, golpeándooos coa man nos brazos ou na cara.

Segundo indican as denuncias, aos nenos notábaselles un cambio de comportamento, de maneira que non querían volver á gardería, e algúns dos hematomas que mostraban no centro xustificábanse con calquera contratempo menor.

A Policía Nacional espera que haxa máis denuncias. A detida é unha muller de 28 anos que foi acusada de cometer delitos de malos tratos a nenos de ata tres anos. Ademais, púxose en coñecemento de Inspección de Traballo a posible existencia de irregularidades administrativas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019