CRTVG

Buscar

Detectan un terceiro gromo con tres contaxios no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

Publicado o 12/01/2021 19:05
Detectan un terceiro gromo con tres contaxios no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

A área Sanitaria de Ferrol confirmou este martes a detección dun novo gromo con tres positivos por covid-19 no Hospital Naval ferrolán, unha incidencia que o departamento público mantén "en estudo".  Así, concretou que o foco afecta polo menos 3 pacientes da terceira planta do centro sanitario.

Trátase do terceiro gromo rexistrado desde a pasada fin de semana no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol tras desvelarse dous focos entre o domingo e o luns. Así, polo menos 12 persoas, 11 pacientes e un profesional sanitario, víronse afectadas nestes casos, localizados na terceira planta do Hospital Arquitecto Marcide. 

No primeiro dos gromos detectáronse 3 infectados e no segundo, outros 9, sen que se incorporasen novos prexudicados á relación facilitada pola Consellería de Sanidade. Estes feitos motivaron xa a realización de preto de 140 probas PCR no hospital ferrolán.

Noticias web

12/01/2021