CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con doce positivos no hospital Meixoeiro, en Vigo

Publicado o 17/01/2021 19:54
Detectan un gromo con doce positivos no hospital Meixoeiro, en Vigo

Esta fin de semana detectouse un novo gromo que afecta 12 pacientes ingresados na área de Xeriatría do hospital Meixoeiro, en Vigo, segundo avanzaron fontes da área sanitaria. Tanto estas persoas coma outras dez que deron negativo nas probas xa foron derivadas ao hospital Álvaro Cunqueiro, dado que o Meixoeiro está declarado como centro libre de covid−19. 

O gromo detectaríase despois de que un paciente, que recibiu a alta, regresara ao hospital porque se atopaba mal e presentaba síntomas compatibles coa enfermidade. Despois de que esta persoa dera positivo na proba PCR iniciouse un cribado na planta de Xeriatría que revelou os outros 11 contaxiados. 

A ducia de persoas que deron positivo atópanse na área de covid−19 do hospital Álvaro Cunqueiro, mentres que os dez cunha PCR negativa están na coñecida como zona precovid−19 por precaución e para observar a súa evolución nos próximos días.