CRTVG

Buscar

Detectan en Francia un caso de decembro sen relación coa China

Publicado o 06/05/2020 09:22

En Francia acaban de detectar un suposto caso de coronavirus, xa de decembro, antes de que A China informara dos primeiros casos, e sen relación con ese país.
É o dun home que ingresou con tose, febre e dificultades para respirar. Deu negativo en gripe e pasou como unha pneumonía. Agora revisaron eses casos e deu positivo en COVID-19. Cren que o puido contaxiar a muller, que traballa nun supermercardo preto do aeroporto, pero ela non tivo síntomas.
Ábrense agora moitas incógnitas. Cal era o alcance do virus en Europa xa daquela. A OMS recomenda que se revisen as mostras sospeitosas de pneumonía dende decembro para sair de dúbidas.

Noticias web

06/05/2020