CRTVG

Buscar

Detallan en Vigo un novo sistema que permite facer varios tests a un tempo

Publicado o 11/05/2020 15:28

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo desenvolveron un sistema de procesamento agrupado de mostras PCR para axilizar a detección de positivos por COVID-19 no ámbito sanitario, nas residencias ou nas industrias.

Ata o de agora, este sistema demostrou "unha eficacia por riba do 95 %", segundo os promotores, e podería ser moi eficaz para testar grupos e axudar a controlar a circulación do virus.

A técnica coñecida como pooling consiste en agrupar mostras de diferentes persoas e procesalas xuntas, de maneira que se aforra tempo e capacidade.

O proxecto porase en marcha en tres semanas na área sanitaria de Vigo. Polo momento, traballan nunha proba individual que se poida realizar na casa e chegue o máis rápido posible ao laboratorio.

Noticias web

11/05/2020