CRTVG

Buscar

Destrúen case 1.400 armas comisadas á ETA e ao GRAPO

Publicado o 04/03/2021 15:24

Nesta xornada chega unha imaxe que simboliza a derrota da ETA. Trátase da destrución de case 1.400 armas comisadas durante décadas á organización terrorista vasca, algunhas tamén ao GRAPO.

Estaban suxeitas a sumarios instruídos na Audiencia Nacional entre 1977 e 2005. Ao acto celebrouse no cuartel da Garda Civil de Valdemoro coa presenza do presidente e varios ministros. Despois, o armamento foi trasladado a unha fundición para a súa destrución completa.

Non foron pola contra os ex-presidentes do Goberno. Tamén faltaron os representantes da oposición, que acusaron ao Goberno de facer propaganda, e parte das asociacións de vítimas, que tamén criticaron esta escenificación. Pedro Sánchez instou a esclarecer os crimes do terrorismo e a loitar contra a desmemoria.

Noticias web

04/03/2021

Máis sobre actualidade