CRTVG

Buscar

Despois de tres meses o circo Nevada por fin pode actuar en Monforte de Lemos

Publicado o 06/06/2020 21:39

Despois de tres meses o circo Nevada pode actuar en Monforte de Lemos, o concello no que quedou confinado casualmente. E para agradecerlles aos veciños da localidade a súa acollida durante os meses de confinamento, ofrece de balde o seu espectáculo de xoves a domingo durante todo o mes de xuño.

Da primeira actuación só puideron gozar 50 espectadores, pero desde o luns xa poden acceder á carpa 130 co control de afluencia que permite a fase 3 en Galicia. Trátase do reencontro dos artistas co seu público, despois do parón forzado na súa actividade, 

Noticias web

06/06/2020